A miña columna de hoxe para CulturaGalega.org, baixo o título En positivo, afonda na temática iniciada na anterior entrega: os novos tempos da BD galega —en xeral, tan bos, a pesar de que a crise e os recortes dean algúns desgustos— traen tamén consigo a necesidade de revisión de moitas prácticas e inercias adquiridas co tempo. Algo no que tamén incidín no artigo que fixen para o recente número 18 d’O Fanzine das Xornadas —a miña única colaboración este ano, xa que é primeiro número que non coordinei—, en que reflexionaba sobre o momento de mudanzas polo cal pasan as propias Xornadas, que este ano estiveron a piques de desaparecer (e que, no entanto, parecen ter agora visos de novos pulos mediante un novo proxecto presentado o pasado día 7). O artigo d’O Fanzine pode lerse aquí, nas páxinas 4 e 5 (PDF, 5,29 Mb).
Pola súa parte, desde aquí pode accederse ás anteriores columnas da sección «Entre as viñetas».
Publicación en destaque
A GUÍA NINJA DO ILUSTRADOR
[Texto en castellano debajo] Un dos proxectos en que andei metido estes últimos meses é A Guía Ninja do Ilustrador. Desenvolvida pol...


Henrique Torreiro
Copyrights @ Journal 2014 - Designed By Templateism - SEO Plugin by MyBloggerLab