Copyrights @ Journal 2014 - Designed By Templateism - SEO Plugin by MyBloggerLab

22 de marzo de 2018

, , , ,

EXPOSICIÓN
‘DESDE CORUÑA CON HUMOR’

Share


[Texto en castellano debajo]
Entre o 30 de novembro de 2017 e o 31 de xaneiro deste ano —aínda que finalmente estivo aberta algúns días máis— a sala da Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña acolleu a exposición Desde Coruña con humor, comisariada por Manel Cráneo e mais eu. A exposición (cuxo catálogo en PDF pode descargarse libremente desde aquí) contou con 18 representantes do humor gráfico coruñés actual, exemplificado tanto por autores veteranos como por outros que están aínda a comezar a súa carreira, e veu acompañada dunha serie de actividades, como talleres, charlas e mesas redondas. No vídeo que ilustra este artigo faise un resumo rápido de todo o realizado nestes meses. Constituíu o primeiro programa focalizado nun só ámbito da ilustración dentro do proxecto Coruña Gráfica, do que xa falei hai un par de anos neste mesmo blog, e a intención é desenvolver no futuro outros centrados nos demais ámbitos (animación, ilustración editorial, banda deseñada...). Teñen sido uns meses de bastante traballo, xa que esta fase do proxecto non acabou coa organización da exposición e as actividades paralelas, senón que tamén incluíu a actualización da guía inicial con novas fichas de ilustradores e ilustradoras e, por se fose pouco, a conversión de todo o material existente a formato web, coa súa sección de noticias e as súas redes sociais incluídas... Está tamén previsto que proximamente se vaian facendo actualizacións de todas as fichas, e manter así a información ao día para todos os autores.

Este é seguramente o proxecto máis ambicioso de Demo, a empresa dirixida por Manel, superando mesmo o que foi a sensación do verán de 2016, a campaña de 110 etiquetas de botella para o aniversario da cervexeira Estrella Galicia, e tamén a exposición BDG70: a revolta do cómic galego, merecedora de numerosos parabéns por parte de estudosos e críticos [na primeira tiven o gusto de participar coa coordinación dunha parte importante do proceso de preprodución; na segunda colaborei moito máis brevemente, coa supervisión técnica de textos e cartelas da mostra e cun texto para o (impoñente) catálogo]. Coruña Gráfica pon de manifesto o potencial visual existente en Galicia; sendo como é unha cata dunha zona moi restrinxida (aínda que certamente a área da cidade da Coruña ten unha gran densidade poboacional e é receptora de migracións de creativos) e tendo en conta que tampouco están aínda o cento por cento dos seus ilustradores, un proxecto similar abranguendo toda Galicia podería ser sorprendente.


[Texto en castellano]
Entre el 30 de noviembre de 2017 y el 31 de enero de este año —aunque finalmente estuvo abierta algunos días más— la sala de la Casa de la Cultura Salvador de Madariaga de A Coruña acogió la exposición Desde Coruña con humor, comisariada por Manel Cráneo y yo. La exposición (cuyo catálogo en PDF puede descargarse libremente desde aquí) contó con 18 representantes del humor gráfico coruñés actual, ejemplificado tanto por autores veteranos como por otros que están todavía empezando su carrera, y vino acompañada de una serie de actividades, como talleres, charlas y mesas redondas. En el vídeo que ilustra este artículo se hace un resumen rápido de todo lo realizado en estos meses. Constituyó el primer programa focalizado en un solo ámbito de la ilustración dentro del proyecto Coruña Gráfica, del que ya hablé hace un par de años en este mismo blog, y la intención es desarrollar en el futuro otros centrados en los demás ámbitos (animación, ilustración editorial, cómic...). Han sido unos meses de bastante trabajo, ya que esta fase del proyecto no acabó con la organización de la exposición y las actividades paralelas, sino que también incluyó la actualización de la guía inicial con nuevas fichas de ilustradores e ilustradoras y, por si fuese poco, la conversión de todo el material existente a formato web, con su sección de noticias y sus redes sociales incluidas... Está también previsto que próximamente se vayan haciendo actualizaciones de todas las fichas, y mantener así la información al día para todos los autores.

Este es seguramente el proyecto más ambicioso de Demo, la empresa dirigida por Manel, superando incluso el que fue la sensación del verano de 2016, la campaña de 110 etiquetas de botella para el aniversario de la cervecera Estrella Galicia, y también la exposición BDG70: a revolta do cómic galego, merecedora de numerosos elogios por parte de estudiosos y críticos [en la primera tuve el gusto de participar con la coordinación de una parte importante del proceso de preproducción; en la segunda colaboré mucho más brevemente, con la supervisión técnica de textos y cartelas de la muestra y con un texto para el (imponente) catálogo]. Coruña Gráfica pone de manifiesto el potencial visual existente en Galicia; siendo como es una cata de una zona muy restringida (aunque ciertamente el área de la ciudad de A Coruña tiene una gran densidad poblacional y es receptora de migraciones de creativos) y teniendo en cuenta que tampoco están aún el cien por cien de sus ilustradores, un proyecto similar abarcando toda Galicia podría ser sorprendente.

0 comentarios:

Publicar un comentario