Copyrights @ Journal 2014 - Designed By Templateism - SEO Plugin by MyBloggerLab

17 de setembro de 2019

, , ,

‘CÓMICS ESENCIALES 2018’


[Texto en castellano debajo]

A crítica sempre ten, popularmente falando, a mala fama de dar unha visión negativa dos produtos artísticos e culturais, ata o punto de que moitos críticos renegan do apelativo como se fose unha vergoña. O curioso é que despois, nese mesmo ámbito popular, o que triunfa son as peroracións desapiadadas que pouco teñen do espírito xenuíno da crítica e si moito de impostura e de subxectivismo como axioma.

En realidade, a crítica é outra cousa: é descifrar as referencias; é poñer, con información sobre a mesa, unha obra no seu contexto. Un bo crítico dá dunha obra as suficientes coordenadas como para que a un lector da súa recensión lle poida apetecer igualmente achegarse á obra aínda que a valoración crítica sexa negativa. É, pois, unha invitación a achegarse a unha obra, e mesmo unha ferramenta para desfrutar máis dela, porque pode que, por unha razón ou outra, sen esa crítica carezamos da información que a sitúa no lugar adecuado para entendela. E, sobre todo, é unha posibilidade para encontrar, no océano de sobreinformación en que vivimos, cousas que doutra forma nos poderían pasar desapercibidas.

Quen aínda así teña temor de toparse con «críticas destrutivas» ao achegarse a un volume como o anuario Cómics esenciales 2018 pode facelo coa tranquilidade de que todos os títulos que reciben recensión están asignados entre os favoritos de cada un dos críticos e divulgadores participantes: non hai interese en esnaquizar ningunha obra, senón antes ben en estudar e resaltar as súas achegas. A publicación da ACDCómic e Jot Down, que chegou á súa terceira edición, consegue ademais deixar un pequeno resumo da realidade anual do mercado do cómic: reúne unha centena de balizas (sen contar os varios artigos de fondo) que serven para o lector presente, pero tamén como indicación para o lector futuro, que pode facilmente ignorar dentro dalgúns anos moitos destes títulos se non se ven finalmente bendicidos cun rotundo éxito de vendas.

Pola miña parte, nesta ocasión participei con dous artigos en torno a outros dous estupendos libros de banda deseñada editados en España en 2018: En la cocina con Kafka, de Tom Gauld, e Sócrates, de Joann Sfar e Christophe Blain.

Cómics esenciales 2018. Un anuario de ACDCómic & Jot Down, Barcelona/Sevilla: Wabi Sabi Investments, 2019


[Texto en castellano]
La crítica siempre tiene, popularmente hablando, la mala fama de dar una visión negativa de los productos artísticos y culturales, hasta el punto de que muchos críticos reniegan del apelativo como si fuese una vergüenza. Lo curioso es que después, en ese mismo ámbito popular, lo que triunfa son las peroratas despiadadas que poco tienen del espíritu genuino de la crítica y sí mucho de impostura y de subjetivismo como axioma.

En realidad, la crítica es otra cosa: es descifrar las referencias; es poner, con información sobre la mesa, una obra en su contexto. Un buen crítico da de una obra las suficientes coordenadas como para que a un lector de su recensión le pueda apetecer igualmente acercarse a la obra aunque la valoración crítica sea negativa. Es, por lo tanto, una invitación a acercarse a una obra, e incluso una herramienta para disfrutar más de ella, porque puede que, por una razón u otra, sin esa crítica carezcamos de la información que la sitúa en el lugar adecuado para entenderla. Y, sobre todo, es una posibilidad para encontrar, en el océano de sobreinformación en que vivimos, cosas que de otra forma nos podrían pasar desapercibidas.

Quien aun así tenga temor de toparse con «críticas destructivas» al acercarse a un volumen como el anuario Cómics esenciales 2018 puede hacerlo con la tranquilidad de que todos los títulos que reciben reseña están asignados entre los favoritos de cada uno de los críticos y divulgadores participantes: no hay interés en «destrozar» ninguna obra, sino más bien en estudiar y resaltar sus aportaciones. La publicación de la ACDCómic y Jot Down, que ha llegado a su tercera edición, consigue además dejar un pequeño resumen de la realidad anual del mercado del cómic: reúne un centenar de balizas (sin contar los varios artículos de fondo) que sirven para el lector presente, pero también como indicación para el lector futuro, que puede fácilmente ignorar dentro de algunos años muchos de estos títulos si no se ven finalmente bendecidos con un rotundo éxito de ventas.

Por mi parte, en esta ocasión participé con dos artículos en torno a otros dos estupendos libros de cómic editados en España en 2018: En la cocina con Kafka, de Tom Gauld, y Sócrates, de Joann Sfar y Christophe Blain.

Cómics esenciales 2018. Un anuario de ACDCómic & Jot Down, Barcelona/Sevilla: Wabi Sabi Investments, 2019